Skip to main content
Vilalba

Vilalba acolle a presentación do último libro de Luz Campello

Por 11 Abril, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos e Nova Poseía Guitrica organizan a presentación do libro Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas, de Luz Campello, editado por Editorial Galaxia.

O acto terá lugar o vindeiro venres 14 de abril, ás 20:00 horas, na casa da cultura de Vilalba, e contará coa presenza da autora do libro, Luz Campello; con Pilar Maseda e Luz Airado, poetas da NPG, e con Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

O poemario Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de Do corazón da terra (Xermolos) e O inventario do prohibido (Espiral Maior).

Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas está a ser un éxito de ventas e crítca ademais de terse presentado con grande afuenza de público nas localidades de A Coruña, Guitriz, Ferrol, Compostela e Lugo. Despois desta presentación en Vilalba, seguirán nas próximas semanas as de Ourense, Pontevedra, Vigo e outras localidades.

Luz Campello García, naceu no 1966 na Granxa Vella de Labrada, Guitriz. Estudou traballo social na Universidade Complutense de Madrid e na Universidade da Coruña, labor que agora compaxina coa escritura.

É reponsable de Traballo Social no complexo hospitalario do CHUAC, sendo unha referencia polo seu compromiso feminista, que reficte tamén na súa poesía, musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.

Iniciouse na poesía a través de certames da AC Xermolos de Guitriz, foi premiada no Certame Rosalía de Castro en Euskadi e tamén foi unha das fundadoras do colectvo Nova Poesía Guitrica.