Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo, un concello Popular

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

O canditado popular, Jesús Novo, leva encadeadas varias maiorías absolutas, ao que aspira nestas eleccións de maio, malia a oposición socialista

Os populares levan gobernando o concello do Vicedo dende os comezos da democracia. O seu rexedor actual, José Jesús Novo Martínez, ocupa este lugar dende 2003, polo que é o rexedor máis lonxevo da comarca mariñá. Á fronte do Partido Socialista está a avogada María Pérez Santaballa, cun equipo “de xente que quere poñer ao Vicedo no mapa”. Ademais é coñecedora da cultura da vila pois medrou coa Asociación Os do 21. No BNG, que volve ao panorama político vicedense, presentan a Miguel Gómez Fraga, para conseguir algún concelleiro e o mellor resultado posible.

PP. Jesús Novo volverá a liderar a candidatura do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, aspirando a un novo mandato ao fronte da Alcaldía do Concello do Vicedo que ocupa desde 2001.

Desde a dirección provincial acentúan a figura de Novo como “unha aposta segura e de futuro para O Vicedo”.

Ademais os populares resaltan que seguirán confiando polo candidato que “todos os veciños apoian” grazas aos servizos e as obras novas que se foron gañando no Vicedo durante os anos do seu mandato.

Neste sentido, o actual rexedor agradece a confianza amosada por parte da dirección provincial e os seus veciños e resalta “o meu compromiso e responsabilidade coa poboación do Vicedo para seguir xestionando novos proxectos que teñan un impacto positivo no municipio”.

Novo, que ocupa a Alcaldía desde febreiro de 2001 despois de ser xa concelleiro en anteriores lexislaturas, destaca que o seu obxectivo é “continuar coa liña de traballo que seguimos nos últimos 22 anos e acometer medidas sempre en beneficio dos intereses do Vicedo e en proximidade aos veciños para formar parte da solución dos seus problemas”.

PSOE. María Pérez Santaballa, avogada e ex concelleira socialista, é a candidata do PSdeG á Alcaldía do Vicedo nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. A candidata agradeceu “o apoio e a confianza que depositaron en min tódolos meus compañeiros da Agrupación Socialista. Sei que temos un traballo duro por diante, pero estamos moi ilusionados, e temos todas as ganas, as forzas e o compromiso para sacalo adiante e traballar polo futuro dos nosos veciños e veciñas”.

A candidata avanzou que a lista que encabeza “está formada por un equipo de xente que queremos poñer ó Vicedo no mapa”. “Somos unha candidatura na que as mulleres somos as protagonistas, dun total de once, seis somos mulleres. Polo tanto, un equipo progresista, que quere priorizar políticas para a conciliación familiar e frear o alto índice de despoboamento. Hai que realizar medidas xa, e facer do Vicedo un lugar do que sentirnos orgullosos, no que poder vivir e traballar”.

A candidata explicou que xa crearon diversos grupos de traballo para elaborar o programa electoral e implicar a tódolos colectivos e asociacións do municipio “para que teñan voz no futuro do Concello”.

BNG. O BNG presentou a Miguel Gómez Fraga como candidato á Alcaldía. Mantedor mecánico na factoría de Alcoa e tamén gandeiro, este vicedense de 31 anos, vinculado así mesmo ao mundo do motor a través de equipos de rally, lidera unha candidatura con ideas claras, con proxecto e vontade de sumar.

“Imos traballar coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós. O noso obxectivo é obter o mellor resultado posible para levar adiante o noso proxecto municipal co que queremos liderar a mellora e o avance que desexamos para O Vicedo, para que teña un horizonte de futuro” manifestou Gómez Fraga, que engadiu tamén que “somos conscientes que no noso concello hai persoas que queren, coma nós, o mellor para O Vicedo”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. María Pérez Santaballa
2. Verónica Canoura Paz
3. Fernando Pigueiras López
4. Lucía Prieto Fraga
5. Silvia Pigueiras Blanco
6. Rubén Rábade López
7. José Ramón García Varela
8. David Baltar Pita
9. Manuel Fernández Peláez
Suplentes:
1. Juan Carlos González Trasancos
2. Vicente César Parapar Carreja
3. Luís Lozano Pedreira
4. María Roberta Serantes Debén
5. Olga Fraga Grandío

PP

1. Jesús Novo Martínez
2. María del Pilar Otero Ínsua
3. Modesto Riveira Fernández
4. José Ángel Canoura Iglesias
5. Balbino Trasancos González
6. José Dovale Liz
7. Alejandro Martínez Eiroá
8. Azucena Rolle Calvo
9. Jorge Baltar Martínez
Suplentes:
1. Jonathan Fanego Fernández
2. Azucena Gasalla Rego
3. María Dolores Lamelas Quelle

BNG

1. Miguel Gómez Fraga
2. Adrián Piñón Domínguez
3. Xosé Penabade González
4. Susana Riveira Fernández
5. Jaime Baltar Infante
6. María Jesús Polo Pigueiras
7. Sandra Gómez Fraga
8. José Riveira Fernández
9. Néstor Rego Candamil
Suplentes:
1. Silvino Oroza Cordido