Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro reuniuse coa directiva da asociación do Centro Comercial Histórico

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

Por Viveiro reuniuse coa directiva da asociación do Centro Comercial Histórico para coñecer de primeira man as necesidades do sector comercial da cidade.

Na mesma os comerciantes “transmitíronnos as súas inquietudes pola falta de atención que reciben por parte do Concello, máis claramente, pola concellería de Comercio que denuncian está vacía de contido”, din dende Por Viveiro.

Bernardo Fraga declarou ao rematar a reunión “según nos informan os comerciantes, a gran aposta do Partido Socialista de María Loureiro polo pequeno comercio de Viveiro é expulsalos do local que o Concello lles tiña cedido, unha mágoa que se tomen decisións unilaterais sen ter en conta as necesidades da asociación”

Ademais os independentes comprometéronse a dotar de vida a concellería de Comercio, como unha das fundamentais na nosa visión do que debe ser un bo goberno municipal, así como a colaborar co asociacionismo comercial do noso Concello, para garantir que o comercio non esmoreza e Viveiro siga tendo vida.