Skip to main content
Xove

Demetrio Salgueiro presenta oficialmente a súa candidatura co aval da formación e a experiencia dos integrantes

Por 6 Maio, 2023Sin comentarios

Trátase, segundo adiantou, dun equipo deseñado para dar cumprimento ao programa electoral, no que destaca a ampliación do polígono industrial de Camba, a posta en marcha dun Centro de Día; medidas de creación de emprego a través do Plan de Emprego Municipal; a construción dun parque deportivo e de ocio, un novo pavillón de deportes, así como a mellora da pista cabalar de Lago ou o Porto de  Morás.

O candidato do PP de Xove, Demetrio Salgueiro, presentou oficialmente a candidatura coa que concorre ás eleccións do 28 de maio e coa que pretende revalidar a alcaldía deste municipio por quinto mandato consecutivo. Arroupado polo coordinador xeral da formación popular na provincia, José Manuel Balseiro, e a responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez, agradeceu a implicación dos integrantes da lista que, segundo manifestou, conxuga experiencia, xuventude, representación parroquial e incorporación de xente nova.

Trátase, segundo adiantou, dun equipo deseñado para dar cumprimento ao programa electoral, no que destaca a ampliación do polígono industrial de Camba para favorecer o asentamento de novas empresas a creación de novos postos de traballo; a aposta pola Educación e o Servizos Sociais, incluíndo a posta en marcha dun Centro de Día para maiores; a dinamización das medidas de creación de emprego de calidade a través do Plan de Emprego Municipal; a dotación de novas infraestruturas deportivas, coa construción dun parque deportivo e de ocio, un novo pavillón de deportes, así como a mellora da pista cabalar de Lago e o seu contorno, e o Porto Deportivo de Morás; entre outras liñas de actuación.

Salgueiro é empregado do Concello de Burela en excedencia e licenciado en CC. Económicas. A el, ségueno persoas cun amplo currículo como son:  Dolores Meitín, Licenciada en CC. Políticas; Cristina Iglesias, licenciada en CC. Do Deporte; Cecilia Duarte, Técnico Superior Administrativo; Rubén Sánchez, traballador de Alcoa e incorpórase á lista como número 6 Tamara Soto, Terapeuta Ocupacional, que cubrirá o espazo de Servizos Sociais trala baixa por motivos laborais de Ana Abad tras 16 anos. Sobre esta última, o alcaldable non dubidou en recoñecer “que dende o Partido Popular lle estamos inmensamente agradecidos polo seu gran traballo, sabendo que sempre vai estar aí cando a precisemos aínda que non forme parte do goberno”.

O resto dos integrantes destacan pola súa implicación nas distintas parroquias. “Só así, avanzou Salgueiro, podemos seguir dando unha resposta ao que necesitan os veciños”.

O candidato concluíu destacando que “toda a candidatura é un aval en formación e experiencia”. “Presentámonos ca ilusión e o firme compromiso de aportar o noso traballo para continuar a mellorar Xove, culminar proxectos que temos en marcha e atraer novos investimentos para o noso pobo”, remarcou.

“GRAN VALOR PARA O PP”

Dende a dirección provincial, representada por José Manuel Balseiro, non dubidaron en sinalar que “Demetrio Salgueiro é un gran valor para o PP”. “A súa xestión así o acredita pero tamén a súa valía como persoa e a súa entrega á política municipal”, manifestou o tamén deputado autonómico.

APOIO DA XUNTA EN INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE  

Ethel Vázquez fixo fincapé, pola súa banda, en que “o PP cre en Galicia e aposta pola vertebración territorial. Impórtannos as estradas”, aseverou. Nese sentido, engadiu que “se impulsará a primeira fase das obras da estrada LU-540 que conecta A Mariña con Cabreiros pola Gañidoira”.

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade en Galicia sinalou que “as estradas son seguridade viaria e calidade de vida”. Nese sentido, recordou que “hai pouco atendemos a solicitude do alcalde de mellorar a entrada a Xove desde a variante polo lado de Viveiro e actuamos tamén na rotonda de Belán” e, por suposto, tamén atenderemos a nova demanda de mellorar o lado de Cervo e adecentar a glorieta; así coma a de facer outra senda na zona do polígono”. Vázquez incidiu en que “se o alcalde aposta pola mobilidade sostible, se o alcalde quere poñer á xente de Xove a andar, nós temos que axudarlle. Como lle axudaremos, tamén, se o necesita nese proxecto que está a impulsar para mellorar auga do abastecemento”.

LISTA COMPLETA

A candidatura, que está formada por 18 persoas e recibiu a ovación do público asistente, é a seguinte:

  1. José Demetrio Salgueiro Rapa
  2. María Dolores Meitín Guerreiro
  3. Cristin Iglesias Guerreiro
  4. Cecilia Duarte Fernández
  5. Rubén Sánchez Villarquide
  6. María Tamara Soto López
  7. Manuel Ángel Meitín Rouco
  8. María Pilar Cociña Sánchez
  9. Leandro Quelle Franco
  10. Beatriz García Taladrid
  11. Luis Dayán Souto

Suplentes:

  1. José Manuel Dayán Mariño
  2. José Manuel Balseiro Canoura
  3. María Amabilia Vázquez Díaz
  4. Rosario Balseiro López
  5. Juan Carlos García Castro
  6. María Josefa Pena Pastor
  7. Andrés Prieto Muriel