Skip to main content
Xove

Xove, o PP por bandeira

Por 26 Maio, 2023Maio 27th, 2023Sin comentarios

A veciñanza xovense votou exactamente igual nas eleccións dos anos 2015 e 2019

Os populares contan con sete concelleiros, os mesmos que en 2015, e volven estar liderados por Demetrio Salgueiro, e catro son os que conseguiu anteriormente o BNG, que nesta ocasión está liderado pola moza Pilar Vázquez, e que espera acadar mellores resultados. Por outra banda, o PSOE presentou unha nova candidata, Rogelia Mariña, que intentará conseguir algún escano e recuperar a representación perdida nos dous anteriores comicios.

PP. O candidato do PP de Xove, Demetrio Salgueiro, presentou a candidatura coa que concorre ás eleccións e coa que pretende revalidar a Alcaldía deste municipio por quinto mandato consecutivo. Salgueiro “agradece a implicación dos integrantes da lista que, segundo manifestou, conxuga experiencia, xuventude, representación parroquial e incorporación de xente nova”.

Trátase, segundo adiantou, dun equipo deseñado para dar cumprimento ao programa electoral, no que destaca a ampliación do polígono industrial de Camba para favorecer o asentamento de novas empresas a creación de novos postos de traballo; a aposta pola Educación e o Servizos Sociais, incluíndo a posta en marcha dun Centro de Día para maiores; a dinamización das medidas de creación de emprego de calidade a través do Plan de Emprego Municipal; a dotación de novas infraestruturas deportivas, coa construción dun parque deportivo e de ocio, un novo pavillón de deportes, así como a mellora da pista cabalar de Lago e o seu contorno, e o Porto Deportivo de Morás; entre outras liñas de actuación.

Salgueiro é empregado do Concello de Burela en excedencia e licenciado en CC. Económicas. A el, ségueno persoas cun amplo currículo como son: Dolores Meitín, Licenciada en CC. Políticas; Cristina Iglesias, licenciada en CC. Do Deporte; Cecilia Duarte, Técnico Superior Administrativo; Rubén Sánchez, traballador de Alcoa e incorpórase á lista como número 6 Tamara Soto, Terapeuta Ocupacional, que cubrirá o espazo de Servizos Sociais trala baixa por motivos laborais de Ana Abad tras 16 anos.

Sobre esta última, o alcaldable non dubidou en recoñecer “que dende o Partido Popular lle estamos inmensamente agradecidos polo seu gran traballo, sabendo que sempre vai estar aí cando a precisemos aínda que non forme parte do goberno”.

O resto dos integrantes destacan pola súa implicación nas distintas parroquias. “Só así, avanzou Salgueiro, podemos seguir dando unha resposta ao que necesitan os veciños”.

O candidato concluíu destacando que “toda a candidatura é un aval en formación e experiencia”. “Presentámonos ca ilusión e o firme compromiso de aportar o noso traballo para continuar a mellorar Xove, culminar proxectos que temos en marcha e atraer novos investimentos para o noso pobo”, remarcou.

BNG. O BNG anunciou unha nova cabeza de lista, que é a candidata de Xove, Pilar Vázquez. É administrativa e veciña da parroquia de Portocelo que vive actualmente en Xove, é tamén vice-responsable comarcal do BNG na Mariña e activa na asamblea local dende hai varios anos.

Preséntase a estas eleccións con ilusión e con confianza no novo proxecto que presentarán ao longo destas semanas os nacionalistas en Xove. “Somos unha alternativa seria para un concello que leva paralizado case 16 anos.É precisamente esa parálise a que supón que cada vez máis xente nova coma min sinta a necesidade de implicarse na política municipal pois, levamos practicamente máis da metade da nosa vida vendo como este concello non só non medra, se non que non se actualiza aos tempos nos que vivimos” afirma Pilar Vázquez que, á vez, anuncia que o resto da candidatura será presentada nun acto que terá lugar nas vindeiras semanas.

“Como é habitual nesta asemblea local, facer as listas é cada vez máis complexo dada a cantidade de xente que se suma a este proxecto. Un proxecto que presenta unha alternativa de goberno renovada e á vez con experiencia, que pensa por e para a veciñanza, que quere ao país e aposta polo futuro e polo bo facer na política”.

PSOE. Rogelia Mariña Pernas é a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía, un partido que non conseguiu concelleiros nos anteriores comicios. Mariña Pernas explicou que se presenta a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para o meu concello, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben as necesidades do meu concello”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. José Demetrio Salgueiro Rapa
2. Mª Dolores Meitín Guerreiro
3. Cristina Iglesias Guerreiro
4. Cecilia Duarte Fernández
5. Rubén Sánchez Villarquide
6. Mª Tamara Soto López
7. Manuel Ángel Meitín Rouco
8. Mª Pilar Cociña Sánchez
9. Leandro Quelle Franco
10. Beatriz García Taladrid
11. Luís Dayán Souto
Suplente:
1. José Manuel Dayán Mariño
2. José Manuel Balseiro Canoura
3. Mª Amabilia Vázquez Díaz
4. Rosario Balseiro López
5. Juan Carlos García Castro
6. Mª Josefa Pena Pastor
7. Andrés Prieto Muriel

BNG

1. Pilar Vázquez Sánchez
2. Miguel X. García Rodríguez
3. Xosé Manuel López Hermida
4. Laura Vilasa Abad
5. Noela Bouza Bermúdez
6. Carlos Fernández Louzao
7. Rodrigo Baño Peña
8. María Luísa Pernas Quelle
9. Pedro García Louzao
10. Cristina Lestegás Pérez
11. Xosé Durán Cao
Suplentes:
1. Marco López López
2. Inés Alonso Villar
3. José Antonio Alonso Salgueiro
4. María Belén González Martínez
5. Patricia Eijo Gómez
6. David Díaz Meitín
7. Sara Rey Balseiro
8. Augusto Albo Ocampo
9. José Luís Vale Blanco
10. María Carmen Mejuto Urrutia

PSOE

1. Rogelia Mariña Pernas
2. Fernando López Pedre
3. Sonia Sofía Ribeiro
4. Javier Arca Uría
5. Aida López Cuadrado
6. Carlos Martínez Casabella
7. Cesarina Cuadrado Casariego
8. José Antonio Martínez Pernas
9. Marco Samuel Pereira Oliveira
10. Luisa Baltar Infante
11. Francisco Louzao Rego