Skip to main content
Xove

O Concello de Xove acomete unha importante obra de mellora e seguridade na contorna centro cívico

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove está a acometer unha importante obra de mellora e seguridade na contorna do parque e o centro cívico.

Estes traballos consisten na peonalización da rúa que une ambos espazos e “con estas obras melloraremos a seguridade nesta zona pois durante o verán é unha zona moi concorrida polos nenos”, di o rexedor local, Demetrio Salgueiro, “xogan no parque ou na praza e pódese escapar algún balón e que ocurra algún percance”.

Nesta zona tamén se ubica a casa do Concello, a piscina, as oficinas municipais e o salón de actos polo que “vamos gañar en seguridade”, si Salgueiro.

Os traballos que xa comezaron e foron adxudicados por un importe de 152.000 euros inclúen tamén a creación de novas prazas de aparcadoiro fronte o Camiño Real e detrás do pavillón, posto que con esta obra perderanse entre 18 e 20 prazas xusto fronte ao centro cívico, “pero habilitaranse noutra zona moi próxima”. “Esperamos que nun mes máis ou menos xa estén rematadas as obras”, di Salgueiro.

No inicio da rúa colocaranse uns pivotes retrátiles para que se poidan subir e baixar cando sexa necesario o acceso como nos días de mercado, emerxencias ou o propio servizo so concello.