Skip to main content
Xove

A festa do San Antonio Ventureiro de Rigueira de Xove xa é festa de interese turístico de Galicia

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no Consello de Turismo que aprobou, en sesión extraordinaria, a declaración como festa de interese turístico de Galicia, a festa do San Antonio Ventureiro de Rigueira, no concello de Xove.

Esta declaración celébrase cada 13 de xuño coincidindo coa festividade que conmemora o pasamento de San Antonio de Padua.

Tal e como dispón o decreto o 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a declaración efectuarase en función do cumprimento dos requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural e continuidade no tempo.