Skip to main content
Deportes LUGOXAO Corgo

As mellores billaristas de Galiza compiten mañá en Adai polo títulos galegos de Bola 9 e Bola 10

Por 12 Maio, 2023Sin comentarios

Comeza este sábado en Adai, a segunda edición do Campionato Galego Feminino de Billar Bola 9 e Bola 10, organizado polo Club de Billar de Adai que se confirma así un referente en Galiza na promoción do billar feminino.

Dezaseis xogadoras de todo o país competirán durante a fin de semana polas primeiras prazas, que clasifican para os campionatos estatais, en cada unha das modalidades. A competición desenvolverase na sede do club, na antiga escola de Adai, desde mañá sábado ás 10.00 horas.

O Club Billar de Adai organiza por segundo ano esta competición, dando pulo a unha traxectoria na que comezaron en 2021 co obxectivo de promover o interese e a afección feminina ao billar e facer da escola de Adai un punto de encontro para xogar, adestrar e tamén competir ao máximo nivel.

O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou “á directiva do club pola labor que veñen desenvolvendo a prol do deporte feminino, co engadido de amosar que tamén desde o rural se poden organizar eventos de primeiro nivel”.

Ademais da asistencia presencial, o campionato será retransmitido vía streaming a través da plataforma especializada en billar www.cuescore.com e das redes sociais do Club de Billar Adai.