Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Emevé júnior feminino logra o título de campión de España en Zaragoza

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

Arenal Emevé de Lugo logrou unha vitoria histórica na segunda edición do Campionato de España júnior feminino, disputado no Século XXI de Zaragoza fronte a Barcelona Barça.

Unha abarrotado bancada, con máis de 550 espectadores e con dúas afeccións moi entregadas, puido gozar dun gran encontro con dous equipos de alto nivel loitando polo cetro nacional, unha gran final na que as lucenses tiveron que empregarse a fondo para coroarse como campioas de España.

Desde o comezo do encontro, as xogadoras do Emevé de Lugo demostraron destreza, determinación en ataque e a pesar dos esforzos titánicos das catalás, especialmente polo centro, as galegas foron superiores, pechando o partido por 3 sets a 0 (21-25; 14-25 e 23-25). A colocadora do Arenal Emevé, Ainara Burgo, foi elixida como a MVP da competición.

Ademais, tamén o equipo masculino desta categoría disputou a fase nacional en Soria obtendo unha meritoria cuarta praza, xa que perdeu na final ante o Leganés por 3-0. Competían polo título 24 equipos de toda España, campiones nas súas comunidades autónomas.

Ademais, Lugo acolleu estes días o Campionato de España infantil feminino, coa presenza de 32 equipos. O Emevé, anfitrión do evento e campión galego, ocupou a sétima praza e o outro equipo da provincia, o Korbis, fíxose coa décimo quinta.

Nas Palmas de Gran Canaria tivo lugar o infantil masculino, no que a sexta posición foi para o monfortino Korbis pero o Emevé ocupou a praza número 15 da xeral, na que había 24 equipos.