Skip to main content
Lugo

As bases do Emevé logran un triplete de campionatos galegos

Os equipos de base do Emevé obtiveron esta fin de semana na Estrada un triplete de títulos tras vencer en tres finais dos campionatos Galegos, nas categorías júnior, xuvenil e infantil femininas.

Ademais, hai que sumar as tres pratas que obtiveron na masculina, tamén nas tres categorías. En júnior e xuvenil perderon ante o Boiro pero na infantil o rival vencedor foi o Korbis.

Os equipos de base disputarán deste xeito os distintos campionatos de España, durante os meses de maio e xuño, aínda que quedan pendentes os títulos de cadete e alevín, que de xogarán a fin de semana próxima.

O club avanzou que iniciarán o curso dunha forma diferente no mes de setembro, xa que eñen previsto un orneo no que competirán con patrocinadores, representantes institucionais, profesionais dos medios de comunicación e afeccionados. A data aínda está sen decidir pero a idea está aí.