Skip to main content
Lugo

Xuventude oferta un curso de iniciación á cociña

O Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á Concellería de Xuventude e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas), abre o prazo de inscrición para un novo obradoiro gratuíto, neste caso de iniciación á cociña.

A actividade, está dirixida á xuventude de 16 a 25 anos empadroada no Concello de Lugo. Será os sábados 13 e 20 de maio das 9:00 ás 14:00h no Centro de Formación Zertín (Polígono do Ceao, Rúa do Vidro).

“Desta forma preténdese que os mozos e mozas coñezan e se aproximen a elaboracións básicas, fáciles e rápidas, e sobre todo sas, sen ter que recorrer a comidas pouco nutritivas, así como a elaboración dalgunhas das receitas máis necesarias para a cociña diaria”, subliñou Repetto.

Todos os interesados en inscribirse nesta actividade, que conta con 15 prazas, poden facelo en: www.lugomasxti.org ate o 10 de maio.