Skip to main content
Lugo

Ciudadanos debate con Lugo Monumental solucións de aparcamento no centro

A alcaldable, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo, reuníronse coa asociación Lugo Monumental onde expuxeron plan para mellorar a falta de aparcamento na zona centro. Louzao aposta por desenvolver o aparcadoiro disuasorio proposto pola súa formación na rúa Castelao, lograr o uso dos edificios doutras administracións en horario de tarde e en fin de semana e instaurar un sistema de aparcamento rotatorio gratuíto na contorna do Xulgado, a Xunta de Galicia e o Concello.

“Hai que ser conscientes de que Lugo é unha cidade con 54 parroquias e o motor comercial e de servios dunha ampla zona da provincia, polo moitas persoas necesitan o coche para vir facer xestións ao centro. Debido aos cambios en mobilidade, perdéronse moitas prazas que non se recuperaron en zonas próximas, polo que desprazarse en coche estase convertendo nun gran problema para moitos cidadáns”, afirmou a alcladable.

“Outra das medidas que propoñemos para que as persoas que queiran ir ao aos locais do centro poidan facelo comodamente, é bonificar a primeira hora de aparcamento cos tickets de compra. Desta maneira conseguimos que a xente volva acudir a comprar ao centro histórico da cidade. O centro de Lugo sempre foi unha das arterias comerciais máis importantes da provincia, e o goberno local só torpedea aos seus empresarios”, propón Louzao.

Locais baleiros e nova normartiva urbanística

Na reunión con Lugo Monumental o grupo municipal tamén anunciou o seu compromiso de loitar contra os locais baleiros do centro. “Moitos negocios do centro están a pecharse e os locais están a quedarse baleiros e sen ningún uso. Por iso desde Cidadáns propoñemos crear unha bolsa municipal, na que a administración traballe de mediadora, poñendo en común as persoas que teñen un destes locais, con aquelas que queren alugalo. Desta maneira, danse garantías municipais para ambos e conseguimos incentivar os alugueiros da zona. Así mesmo pide un cambio normativo para poder introducir novas actividades nos locais sen uso”, explicou Louzao.

Outra das grandes necesidades para a cidade é a elaboración dun novo PEPRI, que actualmente está a restrinxir as recuperacións e rehabilitacións de edificios. “O centro da cidade é a nosa carta de presentación, por iso non podemos telo cheo de casas abandonadas que necesitan unha rehabilitación urxente e un novo uso. Temos que incentivar isto, e non poñer máis trabas cunha normativa ridícula”, concluíu a actual portavoz da formación laranxa.