Skip to main content
Lugo

Adxudican unha nova vivenda rehabilitada de promoción pública na Tinería

A Xunta de Galicia vén de adxudicar unha nova vivenda de promoción pública no barrio lucense da Tinería, froito da rehabilitación dun edificio na rúa Recanto do Miño, 17, fronte á Muralla.

O adxudicatario será o primeiro ocupante do inmoble, ao que accede en réxime de alugueiro. O piso ten uns 40 metros cadrados de superficie, tres plantas e un dormitorio.

Todas aquelas persoas que desexen optar ás vivendas de promoción pública impulsadas pola Administración autonómica deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode facerse en liña desde a sede electrónica da Xunta.

Este rexistro emprégase para coñecer a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade. Os cidadáns interesados en apuntarse nel poden acceder a través da páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.