Skip to main content
Lugo

Obradoiro de bordado a man este luns no campus de Lugo

Por 6 Maio, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

O ciclo Ao pé do carballo, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro luns 8 de maio, a partir das 17.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de participar no obradoiro de iniciación ao bordado Fixenöeu, da man da cooperativa Bico de Grao.

Fixenöeu é un obradoiro de deseño e confección téxtil que forma parte da cooperativa Bico de Grao. A súa máxima é a creación de pezas téxtiles a partir de material de refugallo, o que permite darlle varias vidas ás roupas que xa non se usan. Cunha perspectiva de creación consciente, elaboran fundamentalmente, bonecos de tea.

Esta actividade, que servirá tamén de escenario para a presentación da cooperativa Bico de Grao, é de acceso libre e de balde para o público interesado previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal. As prazas son limitadas.