Skip to main content
Lugo

Máis de 700 alumnos cantaron ao Arde Lucus na praza de Santa María

Por 12 Maio, 2023Sin comentarios

Esta mañá máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantaron ao Arde Lvcvs na praza Santa María. A actividade, organizada pola Escola Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, xurde a raíz da declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.

A actuación deu comezo ás 12.30 co alumnado dos centros de CPR. Franciscanos Lugo, CPR. San José Lugo, CEIP. Aneja, CEIP. Manuel Mallo Mallo, CPR. La Milagrosa Lugo, CEIP. Paradai, Colegio María Auxiliadora-Salesianas Lugo, CEIP. Albeiros e Colegio Fingoy.

O acto contou coa presencia da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o concelleiro Mauricio Repetto, a concelleira Ana González e o ministro de Sanidade  Joseé Manuel Miñones entre outras autoridades.

Cunha duración aproximada dunha hora e o repertorio incluiu catro composicións musicais que realzan a presencia de Roma en España, os asentamentos, o impero e o arte e a convivencia multicultural, todas seleccionadas para xerar nos diferentes ensaios un ambiente divertido para aprender, a través da musica, un pouco máis das orixes lucenses.