Skip to main content
Lugo

Lara Méndez comprométese coa APEC a iniciar a modificación do Pepri e do PXOM

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo e candidata socialista, Lara Méndez, mantivo hoxe unha reunión con empresarios da construción na sede da APEC, cos que se comprometeu a iniciar o vindeiro mandato a modificación do PEPRI (Plan Especial de Protección, Rehabilitación y Reforma Interior del Recinto Amurallado) e do PXOM, unha vez que no caso deste último xa se aprobou o 5% pendente. “Son plans que están xa obsoletos e que debemos adaptar a nova realidade do municipio”, sostivo.

Unha das apostas de Méndez será, en liña coa Axenda Urbana Española e os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, será adaptar nos planeamentos as normativas de habitabilidade que favorezan o cambio de uso a vivenda en planta baixa.

A rexedora, acompañada da tenenta de alcaldesa, Paula Alvarellos, tamén asegurou que no vindeiro mandato manterá encontros periódicos cos construtores para escoitar as súas demandas e estudar melloras no servizo de Urbanismo, “servizo que estamos a potenciar tanto en persoal como en coordinación con outras áreas”, e incidiu que, “no marco destas melloras se reforzará unha interlocución máis directa e presencial co sector”.

Méndez incidiu nos avances desenvolvidos nos últimos anos coas distintas medidas adoptadas, e destacou, entre outros, o desbloqueo do Plan Paradai, a aprobación do 5% do PXOM pendente, as expropiacións para o desdobramento da Duquesa de Lugo, o derribo do Garañon, a resolución das vivendas da Croa ou os plans de desenvolvemento de diversos planeamentos.