Skip to main content
Lugo

Candia presenta 13 medidas para cumprir nos primeiros cen días de goberno

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

No acto de apoio do Presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, á candidata popular e ao que asistiron unhas 200 persoas do tecido social lucense Candia presentou as 13 medidas para cumprir os primeiros 100 días como alcaldesa de Lugo e que enumerou así:

  1. Inicio dos trámites para crear un centro de respiro en Calde de apoio a familiares de persoas con alzhéimer, en colaboración con Afalu.
  2. Impulso do primeiro Plan Local de Saúde Mental destinando a persoas con estas doenzas o edificio sen uso de ASPNAIS e con convenios con entidades sociais e o grao de Psicoloxía da UNED.
  3. Incorporación de novos perfís profesionais (psicoloxía, podoloxía …) no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), no que suprimiremos a lista de agarda ao longo do mandato.
  4. Programa Retorna Lugo para o regreso de persoas mozas e creación de ‘Alumiñar’ para o coidado de menores a domicilio, con especial atención ás familias monoparentais.
  5. Plan de Seguridade para a zona norte cunha nova delegación da Policía Local, un punto de información para afectados por okupacións e máis presenza policial na rúa.
  6. Redeseño do itinerario do carril bici coa eliminación de tramos concretos en diferentes barrios, creación de máis prazas de aparcamento e mellora do transporte urbano.
  7. Impulso e reorganización da área de urbanismo para axilizar a tramitación e desbloquear a parálise das licenzas, co reforzo de Evislusa.
  8. Eliminación da cita previa no Concello, cunha mellora na atención telefónica e tamén na presencial.
  9. Deseño dun Plan de reequilibrio de investimentos para  planificar  servizos básicos (abastecemento, saneamento, conectividade …) nas 54 parroquias.
  10. Apertura do Auditorio de Magoi, cesión de terreos para o novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón, acordo para permutar a parcela do Castiñeiro e inicio das negociacións para unir os parques do Miño e o Rato.
  11. Subscrición dun acordo marco liderado pola Fegamp para usar as instalacións deportivas dos centros educativos e reunión cos equipos do municipio.
  12. Plan de dinamización económica en colaboración coa USC asentado sobre os piares do sector agroalimentario, turismo, teletraballo e servizos, con especial atención á área social.
  13. Comezo dos trámites para crear o Consorcio do Casco Histórico para, entre outras vantaxes, dar máis apoio ao pequeno comercio e reforzar o atractivo da Praza de Abastos.