Skip to main content
Lugo

A veciñanza de Nadela volve manifestarse pola emisións contaminantes de Tableros Hispanos

Por 21 Maio, 2023Sin comentarios

O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo participou na mobilización convocada pola veciñanza de Nadela ante as emisións contaminantes das instalacións de Tableros Hispanos en San Xoán da Pena. Rubén Arroxo lembrou que “desde o BNG mantivemos xuntanzas coa Asociación de Veciños do Vilar, residentes a menos dun quilómetro da fábrica, que desde hai anos veñen denunciando os altos niveis de ruídos e as emisións de fumes que padecen nas súas vivendas”.

“É preciso que a empresa cumpra coas medidas de control marcadas pola normativa ambiental e que desde o Goberno se amplíen os controis deste tipo de emisions”, afirmou Rubén Arroxo, que anunciou que o BNG continuará a traballar desde as institucións “para garantir o benestar da veciñanza de Nadela”.

A asociación veciñal afirma que a contaminación do aire producida polas emisións de Tableros Hispanos estalles a producir graves molestias de saúde, entre as que se atopan inflamacións nos ollos e nas vías respiratorias. Desde o BNG recóllense as reclamacións da Asociación de Veciños do Vilar cara a Xunta de Galiza, reclamando a instalación dunha estación de control da calidade do aire, e a medición diaria das partículas PM10 e PM2,5 por parte da propia administración.