Skip to main content
Lugo

Os gandeiros de carne recuperaron as mobilizacións cunha protesta ante a Deputación

Por 26 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

Gandeiros de carne, que decidiron levantar a súa protesta ante a Xunta en Lugo tralo compromiso do conselleiro con outorgarlles diferentes axudas, volveron hoxe á rúa cunha manifestación ante a Deputación.

Os gandeiros fixeron unha pitada reclamando tamén axudas desta administración. De feito, malia retirar os tractores das rúas, os gandeiros manteñen mobilizacións diarias en Lugo ante a Subdelegación do Goberno.

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo este mes cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar “prezos xustos” e denunciar os “recortes” na nova Política Agraria Común (PAC). Esa a segunda que se producía en Lugo no prazo dun mes e desde a primeira había un retén de gandeiros apostados diante da Xunta e cos tractores ocupando un carril da Ronda.