Skip to main content
Lugo

Licita un novo contrato para revalidar o programa de conciliación Aprende Xogando

Por 31 Maio, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de licitación do programa de intervención e pedagóxico Aprende Xogando. O contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por períodos anuais, por outros 2 ate chegar ás 4 anualidades, sendo o orzamento máximo para a primeira anualidade de 50.820 €.

O Executivo de Lara Méndez, a través da Concellería de Muller e Igualdade, trasladaba que, con este programa preténdese dar continuidade e estabilidade á prestación de este programa que se considera esencial para favorecer a conciliación e a integración da muller ao ámbito sociolaboral ao tempo que se forma en valores de igualdade de xénero ás nenas e nenos residentes no municipio de Lugo.

As persoas destinatarias deste programa serán menores de entre 3 e 12 anos, empadroados no municipio. Terán prioridade no acceso as fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, así como de pais ou nais con cargas familiares non compartidas, con persoas dependentes ao seu cargo ou que traballen ou estean a formarse.

Na actualidade, a nivel municipal coexisten diferentes recursos dirixidos ao mesmo fin como son os programas de comedores escolares (prestan o servizo de madrugadores e xantar), o programa vacacional “Aulas Abertas” ou as escolas infantís municipais.

Cada un destes servizos realízase en determinadas franxas horarias e ofértanse en determinadas épocas do ano para tratar de dar cobertura ás demandas e necesidades da cidadanía.