Skip to main content
Negueira de Muñiz

José Manuel Braña aspira á quinta reelección á fronte da Alcaldía de Negueira de Muñiz

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

O actual alcalde quere sumar catro anos máis e para iso presenta un programa baseado en atender as necesidades dos veciños e aposta pola posta en marcha da Senda do Navia e o lanzamento turístico e económico do embalse.

Negueira de Muñiz, o concello menos poboado da provincia de Lugo está dirixido desde o ano 2003 polo socialista José Manuel Braña Pereda. Nesta ocasión, o actual alcalde quere sumar catro anos máis e para iso presenta un programa baseado en atender as necesidades dos veciños, “uns teñen unhas necesidades e outros teñen outras, as que hai e as que vaian xurdindo”, explica.

Gustaríanos que dunha vez por todas se puxese a funcionar a Senda do Navia, pero depende de moitos concellos, galegos e asturianos, entonces aí estamos pelexando co ministerio para que bote unha man non só a Negueira, senon ao proxecto en conxunto.

Tentar poñer en valor o embalse, tanto turisticamente como lúdica e economicamente, e que non sexa só un productor de kilowatios eléctricos é unha das grandes loitas de Braña.

“Pero para nós o fundamental é cubrir os servizos básicos do concello, mellorar accesos, mellorar servizos e todas as cousas para facer máis cómoda a vida dos veciños”, conclúe.

Esta localidade lucense é a única que este 28 de maio acudirá cun sistema electoral de listas abertas, polo que cada formación presenta unha lista composta por cinco candidatos e os votantes os elixen de forma individual, ata un máximo de catro concelleiros.

Braña, alcalde de Negueira dende hai máis de 20 anos, preséntase á reelección polo PSdeG co mesmo obxectivo de sempre: “Traballar polo meu pobo”.

CANDIDATURA

1. José Manuel Braña Pereda
2. Raquel Díaz Barcia
3. Natalia Graña Lombardía
4. Ana Álvarez Rodríguez
5. Manuel López Méndez