Skip to main content
Monforte

O Concurso dos Maios de Monforte estivo protagonizado por seis traballos de gran calidade

Por 4 Maio, 2023Maio 5th, 2023Sin comentarios

Seis persoas participaron no tradicional Concurso dos Maios de Monforte, durante o que luciron os seus traballos, “que tiñan unha gran calidade e traballo”, segundo o goberno local.

En canto aos participantes de coplas, esta ano reduciuse a un concursante, o Colexio CEIP A Gándara, que deleitou aos asistentes coa interpretación cantada e tocada polos alumnos, de unha copla ca que se reivindicaban, como ben demostraron na súa actuación.

No concurso, levaron premio todos os participantes, recibindo unha contía de 75 euros, xa que os traballos presentados eran de gran calidade e traballo e polo tanto merecedores de premio. Valorouse a orixinalidade e a imaxinación pero tamén a estética e a calidade dos materiais utilizados.

A concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, quixo destacar os maios deste ano, polos seus acabados e a súa beleza, como xesto de recoñecemento ao seu traballo, e animou a tódolos monfortinos a seguir participando desta tradición que debemos preservar entre todos.

Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria, pero haberá que presentar primeiro o certificado bancario cun número da conta do titular.