Skip to main content
Monforte

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle o brinde da D.O. Ribeira Sacra polo Día do Viño D.O.

Por 13 Maio, 2023Sin comentarios

A D.O. Ribeira Sacra celebra esta tarde ás 13.30 horas o Día Viño D.O. no Centro do Viño da Ribeira Sacra, despois de brindar en edicións anteriores nun catamarán polo Sil ou na igrexa de Diomondi, rehabilitada como albergue do Camiño de Inverno.

O presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, asegura que “o 13 de maio brindamos polo traballo que facemos todos cada día para manter o territorio que habitamos, enxalzamos o viño con D.O. que leva o nome do noso terra e do noso esforzo por todo o mundo”.

Durante este 13 de maio, 33 denominacións de orixe de viño de múltiples zonas do noso país levarán a cabo diferentes actividades en lugares emblemáticos dos seus territorios, cun brinde colectivo e simultáneo como acto central en todas elas, que terá lugar ás 13.30h

Así, o Día Viño D.O. celebrará este ano a súa sétima edición e farao baixo o lema “Denominacións de orixe, patrimonio colectivo”, co que reivindicar que unha D.O. conforma e preserva un patrimonio, formado por persoas, produto e territorio.