Skip to main content
Pantón

Tres escritores de Pantón protagonizarán unha charla sobre as súas obras este venres en Ferreira

Por 30 Maio, 2023Maio 31st, 2023Sin comentarios

Este venres, 2 de xuño, terá lugar en Pantón unha xuntanza con escritores pantoneses, que contará con tres autores: Santiago B. Suárez, Andrea Micc e Francisco Ruiz.

Esta iniciativa está enmarcada nas XXXIV Xornadas da Rota do Románico do Concello de Pantón e que foron inauguradas o martes, 23 de maio, no mosteiro cisterciense de Ferreira e que inclúen varias actividades desde o 27 de maio ata o 2 de xullo.

Así, os autores dos tres libros ‘He visto cosas’, ‘Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos’ e ‘La gloriosa tragedia de Rande’ presentarán as súas obras ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira.