Skip to main content
O Incio

Sarricanta actuará o domingo no Incio coa colaboración da Deputación de Lugo

O grupo coral ‘Sarricanta’ actuará este domingo, 7 de maio, na Igrexa de Santa Cruz do Incio.

Esta actuación, organizada polo Concello do Incio e coa colaboración do programa Tradigalu da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar ás 13.15 horas.

Así, as persoas que asistan poderán desfrutar dunha misa cantada e dunha actuación ao remate da misa deste grupo coral.