Skip to main content
Láncara

Máis de 600 persoas participaron na XIV edición da Festa dos Avós de Láncara

Por 1 Maio, 2023Maio 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara acolleu este domingo a súa XIV edición da Festa dos Avós, que congregou a máis de 600 persoas, entre veciños, autoridades, e persoas que se achegaron a desfrutar desta festa lancaresa.

Desde as 12.00 horas, os asistentes puideron desfrutar da música tradicional os gaiteiros da Asociación Cultural Val de Láncara, quen contou con case 20 persoas que amenizaron a xornada.

A comida tivo lugar na carpa instalada no Campo da Feira, onde o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o secretario xeral socialista, así como presidente da Deputación de Lugo, puxeron en valor estas iniciativas para o fomento da cultura e a sociedade deste municipio. Tamén participaron Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, e o tenente alcalde de Láncara e deputado, Pablo Rivera.

Con isto, Láncara non remata as súas actividades. Desde hoxe á mañá xa está en marcha a Feira Degustación da Tenreira Galega Suprema, que acollerá diferentes actividades en torno a este produto típico lancarés, así como acollerá o espectáculo ‘Duende ecuestre’ do Centro Ecuestre El Rebolillo, que terá lugar ás 17.00 horas no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.