
Marian García de Vicuña será a encargada de impartir unha nova sesión de Baño de Son este domingo, 21 de maio, na Sociedade Cultural La Unión.
Para esta actividade, a responsable da actividade pide aos asistentes que leven unha esterilla e unha mantiña para conseguir meterse de cheo na actividade.
O horario será ás 20.00 horas para que as persoas poidan chegar á máxima relaxación a través dos sons de diferentes instrumentos e a unha hora na que xa case é de noite.
A duración será de, máis ou menos, unha hora.