Skip to main content
Sarria

Tres xogadoras de baloncesto sarriás conseguiron dous campionatos galegos nesta tempada

Por 31 Maio, 2023Xuño 1st, 2023Sin comentarios

Tres xogadoras sarriás participaron no Campionato Autonómico nas categorías sub 13, sub 15 e sub 17 organizado por primeira vez pola Federación Galega de Baloncesto, que se dividiu en dúas fases que abriron paso a participar aos seus gañadores no Campionato de España 3×3.

Lúa López Tallón e Rosa Díaz Ogbebor, pola súa parte, xogan no CB Sarria, no equipo preinfantil Casa Barbadelo dirixido por Maísa López, recentemente proclamado campión galego a principios de maio en Culleredo; e estas formaron equipo con dúas compañeiras da Selección Galega, ademais doutras compañeiras para presentarse á convocatoria da FEGABA baixo o nome de As Castrexas.

Así, este domingo, 28 de maio alzáronse co Campionato Galego celebrado en Ourense, co que Lúa e Rosa conseguían o seu segundo Campionato Galego en menos dun mes.

Situación similar é a vivida por Noa López Tallón, irmá de Lúa. Noa, xogadora da selección galega da súa categoría, formou equipo con compañeiras de preselección e selección galega e o equipo fíxose co Campionato Gallego ese mesmo día en Ourense.

Desta maneira, ao gañar o campionato galego de 3×3, serán as Seleccións Galegas Ou13 E Ou15 que representarán a Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas de 3×3 que se celebrará os próximos 24 e 25 de xuño en en Blanes (Xirona).

Da mesma maneira, ambos os equipos agradecen a Campus de Foz, dirixido por Drocer, por facilitar a súa participación.