Skip to main content

O CD Castro ultima os preparativos e abre inscrición para a celebración a fin de semana do 7 ao 9 de xullo do II Torneo Fútbol 7, que terá lugar nas instalacións do Anexo Arturo Pereiro.

O torneo, aberto a todos os equipos, terá un máximo de 36 e cada un terá como límite 12 xogadores por participante.

A organización contará con servizo de bar, no que se ofrecerán bebidas e bocadillos ou churras, empanadas e criollos por 12 euros.

No torneo, que ten un prezo de inscrición de 150 euros por equipo, haberá premio para os catro primeiros clasificados, que recibirán unha compensación económica que variará en función do número de inscritos. Ademais haberá un recoñecemento para o mellor porteiro, o mellor xogador e o máximo goleador, así como unha retribución para o mellor equipo do concello non clasificado entre os 4 primeiros.

Os interesados en participar poden preguntar por Dumi no 627 903 692.