Skip to main content
As Pontes

A Faeira organiza a súa ruta a cabalo e a primeira Festa da Xuventude

Despois varios ano volve a Ruta a Cabalo da Faeira o día 6 de maio, que este ano contará cun engadido, a primeira edición da Festa da Xuntude, que terá lugar pola noite.

A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recpeción de participates e posterior saída da ruta deica as Fragas do Eume. Ás 11.30 horas farase unha parada para tomar un pestisco. Continuarán de ruta hasta as 13.30 horas, cando terá lugar a sesión vermú a cargo do dúo Carpe Diem.

Ás 15.00 horas dará comezo o xantar cun menú composto por langostinos, carne asada, postre, café e chupito a un prezo de 30 euros.

A partir das 17.00 horas continuará a programación co sorteo e unha sesión musical de novo con Carpe Diem.

Pola noirte haberá festa, a primeira Festa da Xuventude da localidade, que contará coa música do dúo Ciclón e a disco móbil Eventec.