Skip to main content
As Pontes

Formoso pide á ministra Raquel Sánchez unha liña de ferrocarril de mercadorías polas Pontes

Por 19 Maio, 2023Maio 20th, 2023Sin comentarios

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, estivo este xoves en Ferrol e As Pontes como parte da campaña electoral do PSOE.

O candidato á Alcaldía das Pontes e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, recibiu á ministra na súa vila e demandou unha liña de ferrocarril de mercadorías entre Ferrol e Lugo que pase polo municipio.

O actual rexedor solicitou a incorporación desta alternativa aos estudos do Ministerio, polo seu papel, dixo, “absolutamente definitivo” para apontoar a recuperación da potencialidade industrial da comarca, en pleno proceso de reindustrialización.

“As Pontes ten que ter tódalas posibilidades loxísticas que esixe ou seu vencello co porto de Ferrol e que complementen ás conexións viarias”, apuntou.

Pola súa banda, a ministra confirmou o apoio do Goberno e do Ministerio ao proxecto liderado por Formoso, “que representa a todos aqueles proxectos que poidan facer realidade e factible o impulso e o desenvolvemento desta cidade”.

Así as cousas, a responsable estatal sinalou os “proxectos interesantes” previstos para a localidade no ámbito das enerxías renovables, hidróxeno e etanol verdes, así como no apartado do automóbil.

“Queremos que o impulso económico despregado cos fondos europeos chegue tamén ás Pontes”, dixo.