Skip to main content
Vilalba

Vilalba anuncia os gañadores do concurso de microrrelatos

Por 13 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba anunciou os/as gañadores/as da quinta edición do Concurso de Microrrelatos, un certame organizado en colaboración con Culturalia Gz co obxectivo de conmemorar o Día do Libro 2023 e, asemade., fomentar na poboación o achegamento á lectura literaria.

Así, en categoría infantil, o gañador é Duarte Mariño Torrado co seu texto Historias da semente. O segundo premio é para Paula Pérez Cendán, por Unha noite no Cemiterio e o terceiro para Arwen Fernández García, por O libro.

En categoría xuvenil, Berta Comesaña Alonso logrou o primeiro premio coa obra Cifras. A segunda praza é para Noa Domínguez Moreda, por Memorábel, mentres que o terceiro premio recíbeo Óscar Linares González, por O neno e a cidade.

Na categoría de adultos, o mellor microrrelato foi A Vaca de Raquel Fernández Fernández. A segunda praza é para Isabel Vázquez Rodríguez, por Paralelas Diverxentes, mentres que a terceira posición é para Enrique Manuel Neira, por Naufraxio dobre.

Os tres mellores microrrelatos nas tres categorías mencionadas recibirán os premios recollidos nas bases que, no caso dos adultos, son, respectivamente, de 300, 200 e 100 euros. Así mesmo, os galardoados na categoría infantil e xuvenil recibirán libros e material escolar.

Dende a organización do certame agradécese a participación no concurso nas distintas categorías.