Skip to main content
Vilalba

Este sábado volve celebrarse en Goiriz a Romaría de San Adriano

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Goiriz celebra este sábado, 27 de maio a Romería de San Adriano que dará comezo cunha ruta cabalar organizada por Docavil.

Unha vez finalizada a mesma dará comezo unha comida campestre a base de empanada, xamón cocido, polbo e churrasco con criollos a un prezo de 27 euros.

Pola tarde haberá baile co dúo Grupo Fénix e Sintonía de Sancovade. A primeira fará tamén unha sesión vermú previa á comida e repetirá pola noite.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que os que desexen participar no xantar deberán anotarse previamente, hoxe como último día, nos teléfonos 608 057 429 e 689 372 527.

Para participar na ruta cabalar o teléfono de contacto é o 662 211 768 ou 685 958 300.