Skip to main content
Barreiros

O espectáculo ‘Os Bolechas deportistas viaxan no tempo’ aterra estes días na provincia

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O espectáculo Os Bolechas deportistas viaxan no tempo vaise desenvolver no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística da Xunta.

A iniciativa, que arranca en Ribeira, visitará de novo 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.

A lingua galega no deporte

Trátase da segunda edición da serie Os Bolechas deportistas, coa que os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e promoven o uso da lingua galega durante a súa práctica. A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias ao pé da rúa, os Bolechas viaxarán por toda a xeografía galega coas súas aventuras, que os levarán a  construír unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, presente e futuro.

A xira comezará este venres 23 ás 12,00 horas na avenida do Malecón, en Ribeira, e pasará durante por Chantada (praza de España) o 24 de xuño, Barreiros (praza do Concello) o 7 de xullo, e Quiroga (praza da rúa Lago) o 21 de xullo.

As datas e as horas exactas poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.