Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada afea á alcaldesa que poña dificultades para que o servizo Coidados Porta a Porta atenda aos veciños

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

Segundo PP de Trabada “a alcaldesa volve poñer dificultades para que o servizo Coidados Porta a Porta atenda aos veciños”. Na nova etapa no Concello, á alcaldesa, Mayra García, “mantén a mesma maneira de proceder: sempre disposta a tratar de poñer paus nas rodas aos servizos que presta a Xunta aos veciños”, así o sinala o portavoz popular, José María Fernández, que destaca que unha vez máis a rexedora foi incapaz de ter a punto a infraestrutura necesaria para o funcionamento do servizo Coidados Porta a Porta, que ofrece a Xunta.

O portavoz popular de Trabada sinala que, “sabendo de antemán que o citado servizo estaría hoxe en Trabada, a alcaldesa foi incapaz de ter preparada a tempo a conexión eléctrica necesaria. Como consecuencia, foi preciso utilizar un xerador. Como é sabido, estes aparatos son ruidosos, polo que inciden negativamente nalgunha das prestacións que se levan a cabo, como son as audiometrías”.

Coidados Porta a Porta ofrece servizo de podoloxía: inclúe unha consulta básica, con valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas e callos.  En canto ao servizo de audioloxía supón unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.  Presta igualmente servizo de estimulación da memoria: Un profesional realiza unha valoración cognitiva e proporciona pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo. Destes servizos poden beneficiarse os maiores de 55 años, con cita previa e de maneira gratuíta.