Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada urxe á alcaldesa a asinar a adhesión do Concello ao convenio con Amtega e a Fegamp

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, urxe á alcaldesa a asinar a adhesión do Concello ao convenio ente a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias); xa que é “imprescindible para a instalación dunha torreta de telecomunicacións que permita resolver os problemas de cobertura móbil na parroquia de Fórnea”.

O popular explica que “demorar esta adhesión prexudica aos veciños e veciñas da parroquia que carecen de cobertura móbil, un servizo que é fundamental para facilitarlles as comunicacións e tamén para diminuír as limitacións para desenvolver o traballo habitual nas explotacións gandeiras; xa sexa para o funcionamento dos robots de muxido coma para realizar outro tipo de xestións”.

Fernández explica que “é imprescindible para que a Amtega -dependente da Xunta- inicie canto antes as obras de instalación” do dispositivo, unha medida que se encadra dentro do plan que a Xunta activou en 2019 para mellorar a cobertura móbil en zonas especialmente illadas.

A Xunta de Galicia concedía o pasado mes de abril a autorización para a instalación da torreta de telecomunicacións sinalando unha parcela municipal situada nesta parroquia como lugar idóneo. Tras aportar a necesaria documentación, “falta o último paso previo á súa instalación”: a adhesión do Concello de Trabada ao convenio marco de colaboración entre a AMTEGA e a FEGAMP para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.