Skip to main content
O Vicedo

Lista a escaleira provisional de acceso ao Fuciño do Porco

Por 29 Xuño, 2023Xuño 30th, 2023Sin comentarios

O Goberno local do Vicedo informou de que xa está lista a escaleira provisional de acceso ao Fuciño do Porco. Esta obra foi adxudicada por 17.000 euros e consistiron na colocación dunha estrutura para poder acceder á pasarela situada no acantilado e que permite percorrer o sendeiro.

Esta tarefa foi necesaria tralos derrubamentos que se produxeron en xaneiro polas fortes e intensas chuvias e á erosión da mar. Segundo o alcalde, Jesús Novo, a actuación realizouse con caracter urxente para que estivera totalmente rematada en xullo.  Trátase dunha solución provisional, posto que a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao traballa nun proxecto de carácter permanente.

A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, deseñou unha ponte colgante sen apoios intermedios e unicamente suxeitada no istmo e nun punto firme do camiño de entrada onde se colocarían bases de formigón.