Skip to main content
Xove

O Concello de Xove acolle un obradoiro sobre lendas e tradicións

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove acolle un obradoiro sobre lendas e tradicións e piden á veciñanza que se achegue a compartir a súa sabedoría e lembranzas sobre lendas e lugares encantados, coa finalidade de documentar e poñer en valor este valioso patrimonio oral.

Esta cita será na Oficina de Información Xuvenil o xoves 15 de xuño ás 11.00 horas e farase en colaboración coa nosa Escola de Maiores, participando no programa Mariña Inmaterial.