Skip to main content
Xove

O Concello convoca o IX Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IX Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso terán unha única categoría e en canto aos premios, contarán con cinco premios en metálico valorados en 120, 100, 90, 75 e 65 euros.

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove, e as imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas.

Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto, unha copia do NIF do concursante, un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ata o 8 de setembro de 2023, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación.

Para unha maior información sobre este concurso, haberá que chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As bases reguladoras da convocatoria e a ficha de inscrición-Autoría poden atoparse na sede electrónica.