Skip to main content
Becerreá

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Becerreá

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Becerreá ten aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos campamentos para este verán.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e realizarase no centro social municipal do concello de Becerreá.

As actividades son gratuítas e organízanse durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Para máis información pódese contactar co concello no número de teléfono 982 360 004 ou achegándose ao centro social municipal.

Será neceario presentar o libro de familia e a declaración da renta para realizar as inscricións, que se fan por semanas.