Skip to main content
Becerreá

Becerreá abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Becerreá ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación durante os meses de xullo e agosto. 

Hai tres niveis dispoñibles, aprendizaxe que será en horario de 12.30 a 13.00, iniciación que será de 13.00 a 13.30 e de adultos que terá un horario de 13.30 a 14.00. 

As inscricións poden realizarse no centro social e é unha actividade gratuíta.