Skip to main content
Lugo

PSOE e BNG avanzan na alianza para formar Goberno outros catro anos máis

Por 8 Xuño, 2023Sin comentarios

Lara Mández, portavoz do PSOE, e Rubén Arroxo, portavoz do BNG, compareceron ante os medios de comunicación para anunciar que as negociacións entre ambos para conformar un goberno en Lugo “van polo bo camiño”.

Méndez asegurou que están traballando en acordos programáticos  para lograr varios obxectivos, “crear unha cidade amable, transformar Lugo para que o noso talento quede en Lugo, coidar a igualdade de xénero, seguir mellorando na Administración para desenvolver os proxectos que queremos facer e conseguir o respecto da cidade polo resto de administracións”.

Arroxo destacou a “boa harmonía” de ambos equipos para “chegar a un acordo que nos permita continuar a mellorar a cidade, seguindo o mandato da veciñanza que saíu das urnas o pasado 28 de maio”.

Arroxo anunciou que se está a traballar nun proxecto de programa “que nos permita avanzar durante catro anos máis no cambio que comezou a dar Lugo nos últimos tempos, cunha cidade máis amable, que coide o espazo público e que esté preparada para os retos do futuro, como a loita contra o cambio climático, a mellora das comunicacións e a mellora da calidade de vida da veciñanza”.