Skip to main content
Lugo

A EASD Ramón Falcón inicia o proceso de matrícula do novo curso

Por 18 Xuño, 2023Xuño 19th, 2023Sin comentarios

A EASD Ramón Falcón oferta 20 para cada especialidade das Ensinanzas Superiores de Deseño (nivel MECES 2, coma o grao universitario). As dúas especialidades impartidas son as de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Para acceder é preciso facer inscrición previa, de xeito telemático (www.edu.xunta.es/eas) ou presencial.

O acceso esixe estar en posesión do Bacharelato (vale titulación ou proba de acceso a universidade), tendo que superar tamén unha proba específica. Posuír un título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño exime de facer esta proba (nunha porcentaxe de prazas limitadas). Neste caso, a inscrición ten como data límite a do día 26 de xuño.

Pódese acceder tamén sen posuír o bacharelato, tendo cumpridos os 18 anos no ano natural de acceso (2023) e facendo unha proba substitutiva. Neste caso, a inscrición tiña como data límite a do día 22 de maio.
Tamén se ofertan Ensinanzas Artísticas profesionais (nivel académico MECES 1, ciclo formativo de grao superior) en tres especialidades: Gravado e Estampación, Fotografía e Cerámica Artística. A oferta inclúe tamén a especialidade de Serigrafía Artística, de nivel académico de ciclo formativo de grao medio.

As prazas ofertadas son de entre 15 e 20 por especialidade, e igualmente é preciso facer unha inscrición previa.
O acceso aos ciclos de grao superior esixe tamén estar en posesión do Bacharelato (servindo tamén un título academicamente equivalente, titulación universitaria ou a proba de acceso a universidade), tendo que superar tamén unha proba específica. O acceso ao ciclo de grao medio esixe estar en posesión da ESO (ou título equivalente), tendo que superar tamén unha proba específica. Tamén é posible acreditar experiencia laboral acreditada relacionada coa titulación, de alomenos un ano, para non ter obriga de facer esta proba. Neste caso, a inscrición ten como data límite a do día 22 de xuño.

Non tendo a titulación requirida para acceder as ensinanzas profesionais, pódese acceder superando unha proba substitutiva (previa a proba específica descrita anteriormente). No caso dos ciclos de grao superior é preciso ter cumpridos 19 anos dentro do ano natural no que se solicita (2023). No caso de posuír titulación de Técnico relacionada, a idade esixida e de 18 anos. No caso do ciclo de grao medio é preciso ter cumpridos 17 anos dentro do ano natural. Neste caso, a inscrición ten como data límite a do día 12 de xuño.