Skip to main content
Lugo

O servizo municipal Luce Lugo estrea este Arde Lucus dúas varredoras

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández supervisaba esta mañá o funcionamento de dúas novas varredoras de calzada que veñen de incorporarse ao servizo municipal de limpeza viaria, Luce Lugo e que axudarán a fornecer o dispositivo organizado durante as festas do Arde Lvcvs.

Os vehículos, dotados cun sistema de cepillos que abrangue até os 3.550 mm de varrido, permiten limpar en dous niveis, chegando eficientemente tanto a zonas con moito mobiliario urbano como a espazos pequenos, alcanzando esquinas, cunetas e áreas de difícil acceso ao tempo que serve, así mesmo, para tarefas de roza.

O edil destacou que, “alén das súas características técnicas – que os fan prácticos e ergonómicos no seu manexo e operatividade, o que redundará na eficacia do traballo que realizan – estes novos equipamentos contan coa máxima certificación europea en canto a control da contaminación do aire ao dispoñer do sistema de postratamento de gases de escape máis avanzado do mercado. Son, por tanto, varredoras 4 estrelas en canto a rendemento xa que, grazas ao potente motor de GNC que posúen, permiten aforran tamén até un 20% de combustible nos percorridos de transporte”.

O edil explicou que as dúas varredodras formaban parte da flota de maquinaria prevista no contrato con EcoLugo, que continúa implementándose segundo os prazos establecidos.