Skip to main content
Palas de Rei

Palas celebra a Festa da Xuventude o 14 de xullo

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

O próximo 14 de xullo Palas de Rei acolle a celebración da Festa da Xuventude no Camiño.

A festa dará comezo ás 16.00 cun obradoiro infantil organizado polo Centro Pedagóxico Aloumiño. Será na praza do Concello e está destinado a nenos de entre 4 e 12 anos.

Ás 18.00 dará comezo a ruta de bares coa charanga Era Visto que terá como punto de partida o Danny Café Bar.

Para finaliza a festa a verbena dará comezo ás 23.30 coa actuación das orquestras Panorama e La Fusión.

No descanso das orquestras farase un sorteo de 500 euros para o que se poderán adquirir rifas gratuítas no momento de mercar a camiseta da festa.

Haberá servizo de autobuses.