Skip to main content
Bóveda

Xa se pode deseñar o cartel que anunciará a Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’ de Bóveda

Por 8 Xuño, 2023Xuño 9th, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de presentación de orixinais para o concurso do cartel que anunciará a XIX Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’ do Concello de Bóveda, que terá lugar o día 14 de xullo.

Nesta edición, poderán participar todas as persoas que o desexen agás as vinculadas coa organización e os seus familiares en 1º grao, sendo condición indispensable que as obras sexan inéditas. As persoas menores de 16 anos poderán participar cunha autorización das persoas adultas responsables.

Con respecto ao tema, este debe ser a recreación dun mercado tradicional galego de finais do século XIX ata mediados do século XX, pero a técnica para deseñalo é libre, e o texto que debe figurar no cartel é: XIX FEIRA OUTRORA RUBIÁN. BÓVEDA 14 DE XULLO DE 2023; e o tipo de letra a usar é de libre elección. Ademais, o tamaño do orixinal será de 42 X 59 cm (A2) en posición vertical.

Presentación e entrega

Para presentar os traballos, hai dúas opcións.

  • Opción A: En tamaño orixinal, sen firma do autor e baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel, acompañado dun sobrepechado que no exterior levará escrito o mesmo lema ou pseudónimo do cartel. O sobre conterá os seguintes datos: Nome, apelidos, DNI, enderezo, número de teléfono e enderezo electrónico do autor. Deberá entregar as obras no rexistro do Concello de Bóveda, Avenida Alfonso XIII, 85. 27340 Bóveda.
  • Opción B: Por correo electrónico ao enderezo: cultura@concellodeboveda.com. Os traballos presentaranse en formato: JPG e PDF, a 300 ppp. É convinte cargar as fontes que se utilicen no cartel. O tamaño real do cartel será de 42 X 59 cm. No texto do correo indicarase: Nome, apelidos, DNI, enderezo, número de teléfono do autor e lema ou pseudónimo co que se desexa participar no concurso.

Nos carteis deseñados con ordenador, no caso de resultar gañadores, o autor deberá aportar o correspondente soporte e formato dixital que se lle requira. É necesario conservar o formato en capas para no seu caso facer algunha modificación (logos, cambiar datas, …).

O xurado estará presidido pola Concelleira de Cultura e formado polas persoas que ela designe e o fallo do concurso farase público na derradeira semana do mes de xuño. Así, o traballo gañador será a imaxe da Feira Outrora 2023 e todos os carteis quedarán en propiedade do Concello de Bóveda podendo realizar modificación, sempre e cando non supoñan a alteración esencial do mesmo.

A data límite de recepción finaliza o venres 23 de xuño de 2023.