Skip to main content
Bóveda

Os artesáns interesados en poñer o seu posto na Feira Outrora poderán solicitalo ata o 30 de xuño

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

A XIX Feira ‘Outrora’ organizada polo Concello de Bóveda terá lugar o venres 14 de xullo de 2023 na parroquia de Rubián e xa se pode deseñar o cartel dun evento no que a ambientación será a dunha feira tradicional galega de finais do século XIX e principio do século XX.

Así, durante esta feira, haberá moitos e variados postos de artesáns, bares, postos gastronómicos, restauración e comercio (mercadorías destinadas á venda ou exposición pouco ou nada transformados), polo que as persoas interesadas en poñer o seu posto no feira, deberán solicitalo no Concello de Bóveda antes do 30 de xuño.

Ademais, os postos deberán ser aportados polas persoas solicitantes, que terán que respectar as normas para a súa ambientación, xa que o ambiente é o dun mercado de principios de século XX, moito máis austero que un mercado medieval. Aqueles postos que teñan necesidades especiais (luz, auga ou calquera outra) deberán comunicalo na solicitude á organización.

Por outra parte, os postos que desexen realizar obradoiro ou demostración deberán comunicalo na solicitude e os artesáns asumen a responsabilidade sobre o produto exposto na feira en todo momento.

Selección dos postos

A selección e colocación dos postos de artesáns será en función de varios factores: o produto de venta e as súas características, a carta de artesán, a orde na solicitude, a estética e o interese para os visitantes e a decisión da organización non será susceptible de recurso e ningún posto poderá ser cambiado do lugar asignado pola organización sen consentimento previo. Da mesma maneira, a asistencia debe ser confirmada antes do día 5 de xullo.

Así, a montaxe dos postos poderá realizarse o sábado xoves 13 de xullo a partir das 20.00 horas ou o venres 14 de xullo de 8.00 a 9.30 horas, xa que ás 10.00 horas os postos deberán estar montados para a súa apetura de 10.30 a 20.00 horas, podendo pechar de 15.00 a 16.00 para comer.

Ambientación

As persoas participantes deberán decorar a súa parada obedecendo ás seguintes orientacións:

  • Os postos deberán estar construídos en madeira, caña ou breixo, no caso de empregar ferro deberá estar oculto baixo teas.
  • Os motivos e materiais empregados na decoración da parada deberán estar en concordancia coa época.
  • As persoas que atendan a parada deberán estar vestidas da época a recrear (roupa e calzado).
  • Non se poderán poñer parasoles que non sexan de madeira e tea clara, quedando prohibidas as rotuladas. O plástico só será admitido en caso de choiva.

En concreto, todos os postos, paradas, barracas, tabernas, etc., que vaian ser instalados e nos que leven a cabo tarefas de elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Dispór de instalacións adecuadas para manter unha correcta hixiene do persoal.
  • As superficies que estean en contacto cos alimentos deberán estar en bo estado e ser fáciles de limpar e desinfectar.
  • Dispor de material adecuado para a limpeza e desinfección dos utensilios de traballo
  • Instalar os medios adecuados para o almacenamento e eliminación hixiénica de substancias e refugallos perigosos e/ou non comestibles, xa sexan sólidos ou líquidos.
  • Contar con instalacións ou medios adecuados para o mantemento e control das condicións óptimas de temperatura dos produtos alimenticios.
  • Os produtos alimenticios deberán colocarse de tal modo que se evite o risco de contaminación dos mesmos.

A participación na Feira implica a aceptación destas bases. O incumprimento dalgunha delas por parte das persoas participantes na feira suporá a expulsión inmediata da mesma.