Skip to main content
Bóveda

A casa consistorial de Bóveda recibiu a visita dos nenos do colexio Rosalía de Castro

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O alumando do CEIP Rosalía de Castro visitou o Concello de Bóveda, onde foron recibidos polo alcalde, José Manuel Arias, e pola concelleira de Cultura e Educación, Cristina Juíz; ademais de ir acompañados da concelleira Natividad Rodríguez.

Así, os nenos e nenas foron camiñando desde o colexio ata a casa consistorial, onde coñeceron as instalacións e o salón de plenos. Unha vez alí, faláronlles do funcionamento do Concello e da súa composición.

Ademais, nesta actividade de fin de curso, viron un traballo audiovisual e aproveitaron para xogar na Praza da Filgueira antes de volver ao centro.