Skip to main content
Carballedo

O salón de actos do Concello de Carballedo acolle a presentación do filme Matria

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

O vindeiro 16 de xuño terá lugar a proxección como estrea da película Matria no salón de actos do Concello de Carballedo ás 20.00 horas, que contará coa presentación de María Vázquez, protagonista do filme.

Para participar deste evento, haberá que sacar as entradas no Concello e poderá participar xente ata que se enche a salón de actos, polo que os primeiros en mercar as entradas, son os que poderán asisitir.

A película, dirixida por Álvaro Gago Díaz, fala de Ramona , unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. A sinopse trata de que un día se cruza con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que quizais haxa algo novo polo que vivir.