Skip to main content
Monforte

Os artesáns de Monforte xa se poden inscribir na XXIII Mostra Artelemos, que terá lugar en agosto

Por 9 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte abriu o prazo de inscrición para participar na 23ª edición da Mostra Artelemos, que terá lugar desde o vindeiro 4 ata o 9 de agosto na rúa Cardenal, como todos os anos.

Poderán participar aqueles artesáns coa carta de artesanía emitida, ou co taller dado de alta como artesán, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. E terán como límite o día 27 de xuño para inscribirse.

“Nesta mostra”, salienta o alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesáns, podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós, etc.”

Así, os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán, así como a participación de obradoiros para nenos.

O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas, e dende o Concello queren animar aos artesáns a participar na Mostra de Artesanía Artelemos “porque supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra a súa elaboración. Deste modo pódese apreciar con mais claridade o a complicación e traballo dos produtos artesáns axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen”, explica o alcalde.